27/12/12

Bo Nadal!

Non me esquecín de escribir, aínda que o pareza. Este último mes case non parei de facer encargas e adornos para o Nadal que xa vos ensinarei! A próxima semana prometo cousas novas!
Feliz 2013!!!

25/11/12

Se non queres ter que regar... adopta un cacto de gancho.


 Nunca pensara na xardinería de punto ata que me fixeron esta encarga. Por fin unha planta que non tes que regar,  que non precisa sol e que non pincha!